O Presidente da Deputación, José Tomé, e a Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participaron este xoves na Praza Maior de Lugo nun acto con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama organizado pola Asociación Española contra o Cancro en Lugo e o Grupo El Progreso, e co que colabora a institución provincial. A Deputación reivindica máis investigación para avanzar na loita contra este enfermidade, que cada ano se lle detecta a preto de 300 mulleres da provincia, segundo a AECC. Durante o acto, para o que se formou un gran lazo rosa con plantas, unha paciente ofreceu a súa testemuña nunha emotiva cita na que participou a presidenta da AECC de Lugo, María Luz Abella, a presidenta de El Progreso, Blanca García Montenegro, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
A Deputación reivindica máis investigación no Día Mundial contra o Cancro de Mama
A Deputación reivindica máis investigación no Día Mundial contra o Cancro de Mama
Relacionado
-
O GALP da Mariña Ortegal continúa co programa Vixía visitando Cariño
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela