Dótanse 180.000 euros máis para seguir pagando as facturas da residencia de Foz, grazas á nula aportación da Xunta de Galicia. A labor de fiscalización do PP non inclúe mentir acerca dos temas que se tratan no pleno. Como xa lles dixen na sesión, o mínimo é o respecto á institución e aos veciños de Foz. Non se aprobou ningún suplemento de crédito para a área de Cultura”.
Inés López Couto engade que “deberían ser máis rigorosos coas informacións antes de espallar mentiras por aí. Sabemos que non lles gustou á Festa do Berberecho, xa que foi a edición que contou con máis xente. Tamén sabemos que no ano 2016 a Deputación de Lugo lles concedeu unha subvención nominativa para o pago de gastos desta festa, que o señor Castiñeira nin xustificou, co que se perdeu ese diñeiro. E no ámbito cultural sabemos que o investimento, calquera que sexa, non é o seu forte. Cando tomamos posesión a biblioteca estaba medio pechada, cun fondo sen catalogar e no que non había nin a metade dos libros. Non fixeran investimento de ningún tipo. A inversión cultural foi nula en xeral por parte do goberno municipal do PP”.
A concelleira de Facenda explica tamén: “continuando con seu argumento de pagar en prazo ou non, só un dato: parte das orquestras que contratou no mes de agosto do 2017 cobraron en xullo do 2018. Sexan serios, por favor”.