Na inaguración da mostra que se poderá visitar durante todo o mes de outubro, o artista estivo acompañado pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcalde, Mali Méndez, por unha representación do tecido asociativo e social da Mariña, e por moitos dos membros da familia da asociación Saúde Mental A Mariña, da que forma parte Xolo, encabezada pola directora técnica xeral da entidade, María José Nóvoa. O artista agarda que a veciñanza desfrute moito das súas pinceladas baixo o título “Arte con futuro”.