“As obras aparecen desde hai oito anos nas contas autonómicas pero non as executan”, sostén Carmela López
López lamenta especialmente “a ausencia dun compromiso real para a nova EDAR de Burela, unha infraestrutura pendente desde hai anos e moi importante para o noso concello”.
“As contas inclúen unha partida para a EDAR no ano 2024 que non cubre nin a metade do orzamento das obras e non hai un compromiso de investimento nos seguintes exercicios, como vemos noutros proxectos”, engade.
“Ademais, as obras aparecen desde hai oito anos nas contas autonómicas pero non as executan”, lembra Carmela López, “e hai fondos europeos asignados ao proxecto que se poden perder”, advirte.
Ante esta situación, “solicitarei unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para desbloquear o proxecto e obter un compromiso de completar o orzamento das obras, porque os veciños e veciñas de Burela non merecen isto”.
“Xa levamos demasiadas promesas e demasiado tempo esperando, pero os compromisos do goberno galego quedan sempre en papel mollado e as obras da EDAR non comezan”, remata López.