Os principais protagonistas desta xornada foron o alumnado do Máster Universitario de Enerxías Renovables Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC pois neles recaeu a responsabilidade de contactar cos cidadans de Viveiro e atopar as necesidades que eles notaban en falta na sua cidade.
Despois dunha xornada de entrevistas pola rúa, tratando ámbitos variados como o social, económico e ambiental o alumnado comezou a analizar as respostas obtidas por parte dos viveirenses. Puntos como a mala concetividade co resto de Galicia, falta de relevo xeneracional, perda do comercio local e dificultades co aluguer das vivendas foron as respostas máis atopadas entre a sociedade.
Ante estas evidencias, mediante unhas xornadas de estudo e planficación, os participantes desenvolveron uns proxectos de solución a estes retos, os cales foron presentados este domingo aos distintos actores de representación da cidade nun diálogo diálogo aberto con comunicación entre todos os actores.
Aproveitouse esta oportunidade para agradecer o apoio brindado polos patrocinadores: O Concello de Viveiro, Fundación Roberto Rivas, Campus Terra USC, Rural Citizen e BIKOnsulting e polos organismos participantes, Puerto de Celeiro, Promavi, Lopez Pigueiras, Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, Carlos Nuevo, Aspanane e Casa Chao, cunha mención especial ao alumnado, cuxa participación e implicación foi clave para o desenvolvemento do proxecto.