Foz, 10 de outubro, 2023. O pasado domingo Xoel Docal competiu representando ó Club Kayak Foz nunha das regatas con maior tradición do calendario nacional, O “Trofeo de Piragüismo Fiestas del Pilar” en Zaragoza, que este ano celebraba a súa 37 edición.
En torno ás 10 da mañá comezaba a primeira regata na que participou, en K1 senior, que gañou ó sprint con claridade empregando un tempo de 14 minutos e 23 segundos para completar o recorrido de 3.500 metros, sendo segundo Jorge Massagues Julián, do “Club Piragüismo La Ribera”, con 14 minutos e 24 segundos; e terceiro Albert Liberal Martínez do “Club Ría de Betanzos” cun tempo de 14 minutos e 29 segundos.
Xa pasado o mediodía, tiña lugar a segunda das regatas nas que Xoel tomaba parte, tratábase do K2 senior, no que formaba parella con Albert Liberal Martínez do “Club Ría de Betanzos”, palista co que xa leva competido en multiples ocasións tanto na súa etapa como palista do Ría de Betanzos, como previamente no Fluvial de Lugo.
Despois dunha primeira volta con numerosas incidencias, os dous padexeiros protagonizaron unha épica remontada durante a segunda, logrando atravesar a liña de meta na primeira posición impoñendose en sprint e empregando un tempo de 12 minutos e 28 segundos, un segundo menos que a embarcación do “Club Deportivo Fuentes Carrionas” integrada por Marco A. Santos García e Jaime Santos Criado Sors. A terceira posición foi para a embarcación combinada tripulada por Marc Martínez Koshytska e Sergio Pereda Domingo.
Un retorno ós orixes por todo o alto, logrando dous primeiros postos que nos próximos días poden ir a máis.