Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro pecha o verán con récords de ocupación e un turismo máis desestacionalizado de maio a outubro

Viveiro, 16 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro pecha un verán no que a vila foi unha das grandes referencias turísticas da Mariña e de Galicia, con récords de ocupación, que en varias semanas de xullo e agosto chegou ao 100%.

“Un turismo de verán cada vez más desestacionalizado, xa que en maio xa había moita xente e as reservas son boas ata outubro”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A concelleira de Turismo, Marisol Rey, explica ademais que “as estancias son cada vez máis longas, e hai moita xente que unha vez en Viveiro intenta quedarse máis días”.

Aínda que predomina o turismo nacional, houbo tamén moitos visitantes estranxeiros de 41 países e pola oficina de turismo pasaron nos meses de xullo e agosto 48.226 persoas (o ano pasado 42.385 persoas).

“Debemos destacar que coas novas aplicacións turísticas nos móbiles, hai moita xente que xa non pasa pola oficina de turismo”, engade Rey.

“Un verán moi bo, os turistas chegan a Viveiro en busca de tranquilidade, gastronomía, natureza, praia e actividades como o senderismo”, asegura a alcaldesa de Viveiro.

Foron importantes eventos como o Resurrection Fest, o Mercado Renacentista, ou as festas patronais, e o concello destaca o gran éxito das visitas guiadas.

Dentro da procedencia do turismo nacional, Madrid sigue encabezando o ránking, seguido de Galicia, País Vasco, Castilla León, e aumentan considerablemente os visitantes que proceden de Andalucía, ocupando o 5º posto por enriba de Cataluña, Castilla la Mancha e Comunidad Valenciana.

En canto á procedencia dos visitantes internacionais, Francia segue en cabeza, seguida de Alemania, Reino Unido, Italia, Holanda e Estados Unidos.

Hoteles, apartamentos turísticos e vivendas de uso turístico foron os principais lugares de estancia, pero medran cada ano máis as autocaravanas e furgonetas camperizadas.

Rexistrouse ademais un incremento dos peregrinos que fan o Camiño do Mar e os estranxeiros que viaxan en embarcacións e se quedan no porto deportivo, son maioritariamente parellas, principalmente franceses en idade silver (55 a 70 anos).

Exit mobile version