Aos dous baños no paseo da praia de Covas e os de debaixo do templete de música súmanselles os da praia de Area, que ficarán abertos ata que remate setembro
Viveiro, 7 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro manterá “abertos durante todo o ano, non só no verán, unha serie de baños públicos para o uso da veciñanza e os visitantes”, explica a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez.
O primeiro deles é o ubicado en Covas, onde a parrillada do parque. Tamén estarán abertos todo o ano os que se atopan ao final no paseo desta praia, no pequeño parque alí situado. Este último está específicamente deseñado para ser empregado por persoas con mobilidade reducida, aínda que o outro tamén está adaptado para posibilitar este uso.
Finalmente, como novidade, o aseo que está ubicado debaixo do templete de música tamén poderá ser empregado todo o ano. O Concello pide a colaboración da veciñanza para manter estes baños públicos o máis limpos e coidados posibles.
Ademais destes tres baños públicos dispoñibles todo o ano, os da praia de Area tamén se manterán abertos durante o mes de setembro.