Na presentación da marcha interviron esta mañá a alcaldesa, María Loureiro; a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez, e Xosé Xesús Oca Ben, en representación da Asociación Cultural e Deportiva (ACD) Minas da Silvarosa, entidade organizadora coa colaboración do concello.
Tanto María Loureiro como Miriam Bermúdez puxeron en valor “a importancia dunha marcha que combina deporte e natureza”, ademais da lembranza dunhas minas nas que chegaron a traballar 500 mineiros.
Na presentación de hoxe, Oca Ben anunciou a disolución da Asociación Cultural e Deportiva (ACD) Minas da Silvarosa. Para máis información, pódese contactar con Xosé Xesús no 606 119846.