Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria no gran derbi galego para abrir a liga en Vista Alegre

Burela, 16 de septiembre, 2023. Comeza a liga na Primeira División Iberdrola FS cun dos partidazos da tempada, o clásico derbi Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar FS no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela ás 18.30h. Un partido moi competido entre dous rivais moi fortes que se enfrontaron nunha primeira xornada de liga que nos introduce a tempada con este emocionante derbi galego.

Na primeira parte domina o Burela a maior parte dos 20 minutos, aínda que tarda en chegar sucédense as oportunidades. No minuto 5 Cami case atopa o primeiro tanto do seu equipo en liga tras un tiro ao segundo pau que vai fóra. No minuto 8 Antía Pérez volve tirala fóra tras un roubo na liña de puntos e soa ante a porteira non consegue finalizar con acerto. A primeira oportunidade clara do Poio non será ata o minuto 10 cun tiro longo desde a banda esquerda que non alcanza o segundo pau e no minuto 12 Irene Samper aproveita un rexeite tras un tiro a porta que rebota en Ale de Paz e métea entre os paus do equipo pontevedrés. No minuto 14 outra oportunidade clara de Antía Pérez tras irse pola banda e rematar cun potentísimo disparo que roza o primeiro pau pero vaise fóra. Un minuto despois Patricia ten outra oportunidade que non consegue finalizar con acerto tras un moi bo centro de Cami. No 17 chega a oportunidade máis clara do Poio Pescamar durante a primeira parte cun disparo de Pelé tras un centro desde a banda que defende ben o Burela non permitindo o remate da xogadora do Poio. Outras dúas oportunidades do Burela antes do descanso, unha de Rafinha e outra de Irene Samper e no último segundo do primeiro tempo Pelé lanza un potente disparo que detén Caridad. Descanso 1-0 no marcador.

Na segunda parte saen Jozi Oliveira (P), Dany (C), Irene Samper, Noelia Montoro e Emilly. Comeza presionando o Poio con dúas oportunidades moi boas nos minutos 21 e 23 que detén Jozi Oliveira. O partido vese máis igualado que na primeira parte, con menos tiros a porta pero intensidade. No minuto 30 Noelia Montoro ten unha oportunidade boísima que detén Elena saíndo da área e pouco despois outro paradón da mesma tras un espectacular tiro de Emilly, sacándoa a córner. O Poio saca porteira-xogadora pero o Burela resiste ben os ataques con varios paradóns de Jozi e boa defensa. No minuto 38 Dany volve ter outra oportunidade clara cun disparo ao segundo pau que se vai pola esquerda. O Poio continúa o xogo de cinco ata o final, e no último segundo tras dous paradóns impresionantes da porteira brasileira Jozi Oliveira, aproveita a situación do rival coa porteira no seu campo, dispara longo e métea entre os paus a portería baleira, concluíndo o encontro cun 2-0.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar FS

Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany (C), Irene Samper, Noelia Montoro, Emilly – cinco inicial -, Cilene, Cami, Jenny, Antía Pérez, Rafinha, Patricia e Jozi Oliveira (P). Entrenador. Julio Delgado

Poio Pescamar FS: Elena (P), Laura Uña, Ale de Paz, Martita, Rocío Gómez – cinco inicial -, Elena Aragón, Irene (C), Lara Balseiro, Pelé e Sandra Buzón (P). Entrenador: Luís López-Tulla

Goles: Min.12 Irene Samper 1-0; min.39 Jozi Oliveira 2-0.

Equipo Arbitral: Roberto Amor Vizoso, Mayra Camila Araújo, Pablo Coello Martínez, Andrea de Luis Iglesia

Exit mobile version