No partido de volta desta pretempada o Pescados Rubén imponse a O Parrulo en Burela con gol de David Gomes incluído.
Burela, 10 de setembro, 2023. Último amistoso da pretempada para o equipo mariñán o de onte, sábado 9 de setembro, ás 19.30h no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela, no que se xogou un clásico derbi galego, Pescados Rubén Burela FS – O Parrulo Ferrol FS e que concluíu cun resultado 9-3 para o conxunto laranxa.
Na primeira parte abre o marcador Alberto xa no minuto 4 de xogo, cun tiro cruzado. No minuto 7 de novo Alberto mete o 2-0 cun remate tras un boísimo pase de Álex García. O Pescados Rubén domina o xogo. Tras unha clara oportunidade de Charly tras un centro de Flethes que detén Coroado axudado por Álex Moniño e un contraataque que acaba cun paradón de Michal chega o 3-0, un potentísimo disparo frontal de Quelle dende os 10m. Dous minutos despois, no minuto 15, Álex García ten unha oportunidade clara cun tiro ao segundo pau que vai fóra pero outros dous minutos despois Charly atopa o 4-0 cun bo remate tras un saque de esquina moi ben colocado de Isma. Chega o descanso.
Na segunda parte saen Mika (P), Quelle, Malaguti, Alberto e Charly por parte do Burela e Coro (P), Iván Rumbo, Novoa, Aitor e Rubén Orzáez. No minuto 22 Novoa abre o marcador para os ferroláns cun gol pola escuadra tras un saque de esquina. Aumenta a intensidade do partido e no minuto 26 chega o golazo de Isma cun potentísimo disparo desde 10m e que entra por toda a escuadra. Segundos despois Álex García mete o 6-1 despois dunha recuperación e só ante o porteiro. No 29 Aitor mete o 6-2 dende a frontal pegada ao pau e no mesmo minuto Flethes continúa marcando distancias cun tiro cruzado desde dentro da área que entra entre os paus do equipo ferrolán. No minuto 35 chega o 8-2 con outro gol de Álex García, unha volea frontal que entra pola escuadra tras un córner e no 37 o gol do día, David Gomes, despois dunha contra recibe só ante o porteiro e métea entre paus cun tiro raso cruzado. No último segundo de xogo, tras un saque de banda, Turbi mete o gol co que remata o encontro 9-3.
Rematan os partidos de pretemporada para o conxunto de David Rial que se preparará a fondo durante estas próximas dúas semanas para comezar a primeira xornada de liga de 2º División de Futsal o día 23 de setembro ante o Full Energía Zaragoza no Pavillon Municipal Vista Alegre de Burela.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – O Parrulo Ferrol FS
Pescados Rubén Burela FS: M.Kaluza (P), Lucho (C), Quelle, Malaguti, Isma – cinco inicial -, Iago López, Flethes, David Gomes, Alberto, Charly, Álex García, Ismael y Mika (P).
O Parrulo FS: Coro (P), Iván Rumbo, Novoa, Aitor, Rubén Orzáez – cinco inicial -, Charly, Pedro, Turbi, Felipe Otto, Pansi, Negro, Álex Moniño, Canoli (P) y Alejandro Regueira (P)
Goles: Min.4 Alberto 1-0; min.7 Alberto 2-0; min.13 Quelle 3-0; min.17 Charly 4-0; min.22 Novoa 4-1; min.26 Isma 5-1; min.26 Á.García 6-1; min.29 Aitor 6-2; min.26 Flethes 7-2; min.35 Á. García 8-2; min.37 David Gomes 9-2; min.39 Turbi 9-3.
Equipo Arbitral: Xabier Menéndez Nistal, Roberto Amor Vizoso, Berta García Vázquez.
TA: Flethes, Charly, Álex García, Iván Rumbo, Felipe Otto, Aitor.
TR: Aitor (doble amarilla)