A iniciativa parte da Área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración co Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da provincia de Lugo 2023. Trátase de achegar ó publico actividades culturais de calidade, para dun xeito gratuíto encher o tempo de lecer estival, aproveitar estes dias antes de comezar a volta ó cole e que a rapazada poida desfrutar do Teatro na Rua.
Nesta ocasión, a compañía Adala Futura representará Os ladróns son xente honrada, unha obra de creación propia. É unha comedia apta para tódolos públicos. O elenco está composto por 9 actores e actrices e a obra durará aproximadamente unha hora.
Trata duns ladróns moi golosos que entran a roubar lambetadas na casa dunha diva. A policía que lles segue a pista, acaba por atopalos nesta casa pero non é o único que atopan… O inspector e a diva namóranse, aparece unha frauta máxica cunha maldición que a diva decide romper…Pero se queres saber máis, a obra terás que ver.
No caso de que ameace choiva a representación trasladarase á Sala do Conservatorio de Música.