O rexedor aproveitou a ocasión para desexarlles sorte ás tres palistas ribadenses, que formarán parte da selección galega que acudirá ao Campionato de España por autonomías. A cita será en Verducido do 27 ao 29 de outubro. Trátase de Elena Justo Carballeira, Manuela Lastra Castillo e Elena Fernández Rico (as tres campioas de España).