Ribadeo, 25 de setembro, 2023. Con esta incorporación son dous os ribadenses que residirán este curso nesas instalacións, xa que Irene García Valle, segue un ano máis. O alcalde, Dani Vega, dixo que “todo o bo traballo da o seu froito e ten a súa recompensa”.
O rexedor aproveitou a ocasión para desexarlles sorte ás tres palistas ribadenses, que formarán parte da selección galega que acudirá ao Campionato de España por autonomías. A cita será en Verducido do 27 ao 29 de outubro. Trátase de Elena Justo Carballeira, Manuela Lastra Castillo e Elena Fernández Rico (as tres campioas de España).