Viveiro, 28 de setembro, 2023. O Calexón do Muro, unha das rúas mais típicas de Viveiro e que mantén un encanto especial, atopase nun estado lamentable, primeiro
debido as numerosas pintadas que afectaban á practica totalidade dos inmobles. Agora está na fase de decapado, porén o estado da rúa dista moito de ser o desexado, polo que se roga ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para o
arranxo completo do Calexón do Muro e para evitar que se volvan a producir este tipo de feitos.
Por outra banda, a recollida de lixo no concello de Viveiro non pasa por un bo momento. Imaxes bastante habituais nos últimos meses: contedores rebordando, bolsas de lixo depositadas no chan, feitos que ocasionan unha deficiente segregación de residuos, posibles filtracións, etc, poolo que rógase ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a eliminación das causas das deficiencias na recollida de lixo no concello.