O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, participou este sábado nos actos organizados polo Concello de Lourenzá con motivo da XXXI edición da Festa da Faba. Xunto á alcaldesa, Rocío López, e á subdelegada na provincia, Isabel Rodríguez, visitou os diferentes postos de venda do produto gastronómiico referencia do municipio, ademais de estar presente no pregón das festas que correu a cargo do actor Xulio Leal.