Espuxo que Xove ten dous problemas relacionados co abastecemento de auga potable.
1.- En canto hai algo de seca hai que restrinxir o subministro por falta de auga.
2.-En canto chove a auga chega os domicilios chea de barro.
Esta situación leva varios anos sucedendo sin que o Goberno Local do PP, que leva 16 anos gobernando Xove, aportara ningunha solución, polo que Rogelia Mariña plantexou unha serie de accións a tomar para resolver esta problemática.
En resumen pedía que un equipo de técnicos independentes fixera un estudio da situación e en base as conclusións ver cales son as accións que hai que acometer para resolver xa o tema de ter una auga de calidade, e que non chegue barro as billas das vivendas; e a outra sería ver que obras e melloras hai que acometer para que cada verán non sexa necesrio restrinxir o subministro de auga aos veciños e veciñas.
“Pois ben o Sr. Demetrio aínda que recoñece e di que comparte este criterio, vota en contra e promove unha comisión, di de técnicos e grupos políticos para ver que se fai”.
“Esta claro que isto é máis do mesmo, 16 anos sin facer nada e con esta actitude votaremos outros 16 cos mesmos problemas”.
Xa o dicía Napoleón “Si quieres que algo se demore eternamente, nombra una comisión”.
RESUMEN DAS PREGUNTAS
A pregunta polo custo e financiación do parque multideportivo como o denomina o Sr. Demetrio, dicir que o seu cos te vai a ser 794.110,90€ e que non hai axuda ningunha por parte de outras administracións.
O que temos que dicir que isto non e prioritario para Xove, pouco ou nada vai aportar temos instalacións e parques suficientes.
Isto foi unha arroutada para as eleccións, pa intentar tapar a nula xestión de catro anos perdidos para Xove.
En canto a Area de turismo dicir que a xestión do verán foi practicamente nula, sin socorristas en tres areais (Lago, Moras e Portocelo) e o acceso e areas recreativas totalmente abandonadas, e polo visto nada hai que facer para que isto non se repita o ano que ven.
Mais do mesmo goberno en descanso.
En canto a montaxe no edificio do antigo centro de Palmeiro de un club de billar con un cos te de 16.192€ e para poder utilizalo hai que ser socio, polo que non entendemos que para isto todo facil e cando Saínas o solicitou para os seus ensaios se lle denegou.
O grupo socialista entendemos que os edificios públicos son para servicios Públicos, que poidan disfrutar todos o veciños e veciñas de Xove e non para clubs privados.
Xa que temos unha escola infantil totalmente reducida e con unhas condicións precarias, os nos maiores teñen que xuntarse unha marquesiña por falta dun centro de dia en condicions.
Polo que xa neste pleno vemos a actitude do goberno local, seguir de vacacións e Xove cos mesmos problemas e deficiencias dende hai 16 anos, pero dicirlles os veciños que este grupo que aínda que solo temos unha Concelleira iremos facendo propostas e intentando que Xove esteña a altura do presuposto que ten, e lamentable ver todas estas deficiencias e ter 17.000.000 € de remanente, algo inédito e que di buxa a incapacidade politica do Goberno do Sr.Demetrio.