Site icon Crónica3.com A Mariña

Os días 28 e 29 de setembro en Cedofeita, e o 2 de outubro en Vilaframil terá lugar a inspección técnica de vehículos agrícolas

Ribadeo, 11 de setembro de 2023. Os días 28 e 29 de setembro en Cedofeita e o 2 de outubro en Vilaframil terá lugar a inspección técnica de vehículos agrícolas.

O concelleiro de Medio Rural, Diego Dos Santos, explicou que “a Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos estará no municipio de Ribadeo os días 28 e 29 de setembro e o 2 de outubro realizando unha inspección técnica de vehículos agrícolas”.

O edil ribadense contou que “o día 28 será en Cedofeita en horario de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. E o 29 tamén en Cedofeita de 9 a 13:30 horas. Esa Unidade Móbil trasladarase o 2 de outubro a Vilaframil, onde estará 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas”.

Diego Dos Santos engadiu que “as citas poderán concertarse a través da web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias”.

Exit mobile version