Viveiro, 13 de setembro, 2023. Será ás 19.00 horas, na Praza Maior.
O evento final da campaña empezará ás 16.00 hs na mesma ubicación. Neste lugar, entre as 16.00 e as 19.00 hs, poderán canxearse os tickets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 7 ao 14 de setembro) por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en 2 tarxetas prepago de 300 e 8 tarxetas de 50 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local. Ademáis, todos os clientes participantes poderán optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio.
Ás 18.00 horas, a compañía Trécola Produccións representará a súa obra “The Piccole Theatre Vagamundi”, show de marionetas de fíos para tódolos públicos.
“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego organizada pola Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Federación de Comercio de Lugo e o Centro Comercial Histórico de Viveiro.
Así, todos os clientes de Viveiro que realizaran compras por importe mínimo de 10 euros no comercio de proximidade entre o 7 e o 14 de setembro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios. Este sorteo contará mañá coa presencia de representantes das entidades organizadoras, entre eles José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; o seu homólogo en Centro Comercial Histórico de Viveiro, Tomás Lasheras Carabantes; Ángel Antonio Sánchez, subdirector de la oficina de Abanca, así como representantes do Concello de Viveiro.