Doural subliñou que “o balance é moi positivo. Este ano participou máis xente que nos anteriores e ademais creo que o nivel das ponencias foi moi bo. Estamos satisfeitos do resultado das actividades, incluídas tamén as lúdicas que se fixeron onte, cando o día axudou moito”. O presidente de Apaga refírese ao paseo en barca entre Ribadeo e Ría de Abres do que gozaron os asistentes nas últimas horas e que rematou cunha merenda campestre.
Para o presidente de Apaga “a xente marcha cun bo sabor de boca pola formación que se deu e pola parte lúdica tamén”.
Os proxectos Erasmus centrarán a tarde de hoxe, onde o profesorado falará da súa mobilidade a Estonia e o alumnado da realizada a Italia.
De cara ao 2024 “a idea é continuar nesta liña e ir incorporando novos temas e actividades que poidan ser amplamente significativas para a docencia”, comentou Álvaro Doural, o presidente de Apaga.