Os populares consideran que “unha frecuencia anual para o desbroce das marxes das pistas municipais é insuficiente porque na primavera e no verán a maleza acelera o seu crecemento”
Os populares explican que “actualmente o Concello de Xermade realiza o desbroce nas marxes das vías municipais de forma anual”, pero consideran que se trata “dunha frecuencia insuficiente, xa que na primavera e época estival a maleza acelera o seu crecemento e, nos lugares onde está sen rozar, pode dificultar a visibilidade dos condutores”.
ARRANXAR A BIBLIOTECA MUNICIPAL
Os concelleiros do PP de Xermade instaron ao goberno local socialista no pleno do pasado xoves a arranxar os danos no edificio da biblioteca municipal que alberga a casa-niño ante o seu estado de abandono. Os populares sinalaron que incluso hai goteiras, ademais de presenza de hedras que reducen a entrada de luz a través das ventás e outros signos que demostran a falta de conservación do inmoble. É por iso polo que piden o seu arranxo, pero tamén desenvolver con frecuencia labores de limpeza na edificio e no seu entorno.