Os veciños trasladaron as súas queixas ao Grupo Municipal Popular indicando que a falta de auga se debe a unha fuga da que a alcaldesa é coñecedora de fai aproximadamente un mes, pero que non resolveu
Os propios afectados trasladaron as súas queixas ao Grupo Municipal Popular asegurando que este problema se debe a unha fuga de auga que se orixinou fai arredor de mes e medio; pero que, “a pesar de que a alcaldesa é coñecedora da situación dende fai aproximadamente un mes, aínda non se resolveu porque a señora López Moreno nada fixo por resolver esta problemática”.
Os populares lamentan que o actual goberno bipartito “lonxe de resolver os problemas dos veciños e veciñas, siga a arrastrar as eivas do anterior goberno socialista do que formaba parte a alcaldesa María del Carmen López Moreno”.
“Máis alá das fotos e posados”, os concelleiros do PP convidan aos líderes do goberno bipartito a “atender os asuntos que son da súa competencia en lugar de dedicarse á súa promoción persoal”.