Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS perde nos penaltis ante o Benfica no primeiro partido da Copa Ibérica 2023

Burela, 2 de setembro, 2023. Comeza a Copa Ibérica 2023 no Pavillón Multiusos de Fafe (Portugal) cun primeiro partido do máis emocionante, SL Benfica – Pescados Rubén Burela FS. Dous equipos de primeira categoría que se enfrontaron esta tarde ás 16.00 horas nun encontro moi igualado que concluíu cun resultado 1-1, tendo que chegar aos penaltis seguindo o regulamento do torneo, que puntua para a clasificación final dos clubes, cada vitoria con 3 puntos, empate 1 punto, derrota 0 puntos e a clasificación final do torneo será definida en función do número de puntos conseguidos nos dous partidos. No caso de empate, seguiranse os seguintes criterios de orde de preferencia: en primeiro lugar a maior diferencia entre o número de goles marcados e o número de goles recibidos. En segundo lugar o maior número de goles marcados. En terceiro lugar o maior número de vitorias no desempate a penaltis e a partir de ahí segúndo o número de tarxetas seguindo varios criterios. O Burela caeu nos penaltis cun resultado final (4) 1 – 1 (2) ante o equipo portugués.

No primeiro tempo sae o Pescados Rubén con Caridad en portería, Emilly, Patricia, Noelia Montoro e Irene Montero como cinco inicial. No mesmo minuto 1 Patricia presiona ao equipo rival cunha primeira oportunidade no partido tras un tiro frontal desde a liña da área que detén a porteira do equipo portugués. Durante os primeiros 4 minutos o Burela presiona con máis intensidade pero continúa o xogo con tensión e esa presión comeza a igualarse por parte de ambos equipos, que defenden ben pero non conseguen atopar o gol. Non é ata o minuto 4 ata que Sara Ferreira consegue tirar a portería, continuando no 5 cunha boísima oportunidade de Emilly nun contraataque que tamén detén Marta Costa. Non é ata o minuto 16 no que o Benfica logra meter o balón entre os paus defendidos por Caridad levando o marcador 1-0 ao descanso.

No segundo tempo sae Jozi á portería. O Benfica presiona con moita forza pero o Burela defende con tenacidade. No minuto 32, despois dunha boísima recuperación en campo contrario, Irene Samper logra o 1-1. A pesar das numerosas oportunidades, entre elas una de Noelia Montoro no minuto 36 desde dentro da área que logra desviar a porteira, e a pesar de tentalo con Cilene de porteira-xogadora dende o minuto 37, creando numerosas oportunidades que non atopan o gol. Cun último minuto súper emocionante, tras un tempo morto no minuto 39 e un dobre penalti para o Benfica que detén a experimentada Jozi Oliveira, o resultado mantense 1-1 ata o minuto 40 de xogo, levando aos penaltis a ambos os equipos. Na rolda de penaltis o Benfica consegue meter os 4 goles na portería do equipo mariñán mentres que este falla dous deles, o primeiro, que lanza Patricia, e o último que lanza Cami.

Mañá xogarase a fase final do campionato no que o Burela se enfrontará ao GCR Nun’Álvares, que gañou 7-4 ao Futsi esta mesma tarde ás 18.30 horas, mentres que o Navalcarnero enfrontarase ao Benfica ás 16.00 horas. Todos os partidos se emiten a través da Canle 11 e, por streaming, dende a canle de Youtube de Canle 11.

Ficha Técnica SL Benfica – Pescados Rubén Burela FS

Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Irene Samper, Patricia, Noelia Montoro, Emilly – cinco inicial-, Dany, Cilene, Cami, Jenny, Antía Pérez, Rafinha, Jozi Oliveira (P)

SL Benfica: Marta Costa (P), Inés Fernandes, Janice Silva, Sara Ferreira, Fifo – cinco inicial-, María Pereira, Adriana Mendes, Alexandra Melo, Inés Matos, Helena Nunes, Raquel Santos, Mariana Teixeira.

Goles: min.16 Sara Ferreira 1-0; min.32 Irene Samper 1-1.

Exit mobile version