Ante o Valdetires FSF xogou o Pescados Rubén onte no Polideportivo de Esteiro cun resultado final 0-9 para as Guerreiras.
Burela, 10 de setembro, 2023. Ás 18.00h da tarde de onte, sábado día 10 de setembro, no Polideportivo de Esteiro en Ferrol, celebráronse os cuartos de final da Copa Galicia Senior Feminina, Valdetires FSF – Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final de 0-9 para as mariñás. Equipos de diferentes categorías que se enfrontaron nun partido que dominou o equipo burelense, levándose o pase á seguinte rolda do campionato galego.
Comeza o partido cun 5 inicial por parte do Burela con Jozi Oliveira (P), Dany (C), Cami, Antía Pérez e Emilly. Durante o primeiro minuto asistimos a 3 disparos perigosos do Burela e unha ocasión clarísima de Dany soa contra a porteira, que a desvía a córner. Tras catro ocasións, unha de Emilly cun disparo afastado que detén a porteira, outras dúas de Dany (a segunda ao pau) e un tiro de Antía Pérez desde a liña de puntos que saca a porteira, chega o primeiro gol tras un tiro de Irene Samper, un rexeite de Jenny que a pon ao segundo pau e Rafinha remata con dous toques meténdoa entre os paus. Entran Aroa e Noelia a pista e gol de Noelia no minuto 6 tras un roubo no medio campo. Entra Irene e tras unha ocasión de Antía Pérez ao pau despois de regatear á porteira, consegue nun segundo intento o 0-3 cun disparo desde o 9m. Tras un tiro alto de Antía Pérez, de novo desde os 9m, chega o 0-4 cun gol de Irene Samper tras un roubo en banda esquerda en presión e soa ante a porteira métea polo primeiro pau. Despois dunha clara ocasión de Aroa tras unha boa xogada colectiva no minuto 16, chega o 0-5 no 18 cun gol de Irene tras unha xogada trenzada entre varias e soa ante a porteira métea ao segundo pau. Remata o primeiro tempo.
Na segunda parte saen Caridad (P), Dany, Cilene, Cami e Emilly por parte do Burela FS. No minuto 2, tras unha xogada ensaiada de banda Cilene mete o 0-6. Continúa presionando o conxunto de Julio Delgado pero non consegue finalizar con éxito, entre elas una de Aroa e outra de Noelia Montoro. No minuto 29 Rafinha mete o seu segundo gol no partido tras un roubo en presión e unha triangulación, dispara ao segundo pau. Un minuto despois Dany sobe o marcador 0-8 tras unha boa xogada colectiva que remata nunha paralela que a deixa soa ante a porteira e métea rasa. No minuto 13 de novo a nova capitá do Pescados Rubén, Dany, cóaa polo segundo pau tras unha triangulación e conclúe e 0-9, resultado co que conclúe o encontro.
O próximo partido das Guerreiras Laranxas de Julio Delgado será o día 16 de setembro, o vindeiro sábado, na primeira xornada de liga de 1ª División Iberdrola FS, que comeza ao grande cun clásico derbi galego no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela ás 18.30h, Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar FS.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Valdetires FSF
Pescados Rubén Burela FS: Jozi Oliveira (P), Dany (C), Cami, Antía Pérez, Emilly – cinco inicial -, Cilene, Jenny, Irene Samper, Rafinha, Noelia Montoro, Irene, Aroa e Caridad (P)
Goles: Min.5 Rafinha 0-1; min.6 Noelia Montoro 0-2; min.9 Antía Pérez 0-3; min.14 Irene Samper 0-4; min.18 Irene 0-5; min.22 Cilene 0-6; min.29 Rafinha 0-7; min.30 Dany 0-8; min.33 Dany 0-9.
Equipo Arbitral: Álvaro Campagnoli Franco