Site icon Crónica3.com A Mariña

O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na XVIII Festa das Persoas Maiores de Xermade

Un encontro que comezou cunha misa na igrexa parroquial, seguida da actuación dun grupo musical na Praza do Concello. Logo celebrouse a tradicional comida no pavillón municipal, na que participaron máis de 340 veciños e veciñas, e pola tarde haberá baile e un recoñecemento ao home e á muller de maior idade con entrega de agasallos.

Exit mobile version