Un encontro que comezou cunha misa na igrexa parroquial, seguida da actuación dun grupo musical na Praza do Concello. Logo celebrouse a tradicional comida no pavillón municipal, na que participaron máis de 340 veciños e veciñas, e pola tarde haberá baile e un recoñecemento ao home e á muller de maior idade con entrega de agasallos.