Forman parte do parque de vivendas da Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, xestionadas a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). Ambas adxudícanse en réxime de alugamento; contan cunha superficie de 90 metros cadrados e dispoñen de tres dormitorios e garaxe. Arias lembrou que as persoas interesadas en optar ás adxudicacións de vivendas públicas en calquera municipio galego deben inscribirse no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia.