Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove organizou este luns a segunda actuación dentro do Programa ‘Ler conta moito’

O programa está patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas. A escritora Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, foi a encargada da actuación coas súas “Historias de arrepío”. A actuación destinouse aos 80 rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do IES Illa de Sarón.

Exit mobile version