Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove levanta as restriccións de uso de auga da rede municipal

Debido á falta de choivas e á seca correspondente, o Concello impuxo o 31 de xullo deste ano unha serie de restriccións de uso de auga da rede municipal. Arestora grazas ás abundantes precipitacións destes últimos días, a rede de auga municipal vai recuperando os seus niveis normais, o que fai que dende o Concello se decida o levantamento das restriccións. Dado que a auga é un ben limitado, dende o Concello pídese á poboación realizar un uso recomendable.

Exit mobile version