Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Xove comezou as obras dunha ruta litoral

Xove, 20 de setembro de 2.023. A obra ten por obxeto levar a cabo os traballos de creación dunha ruta litoral dende praia de Esteiro a ensenada de mMiñelo e de Punta mMitón a Punta da Mansa -Xuances-, co obxeto de conectar varios puntos de interese turístico e de paso crear unha ruta litoral de sendeirismo por unha zona privilexiada dende o punto de vista paisaxístico na contorna da praia de Esterio.

O Concello de Xove conta con diversas praias e puntos de interese, entre elas a de Esteiro, a ensenada de Muiñelo, Punta Meitón e Punta da Mansa que forman un conxunto tranquilo e apto para aqueles que queren fuxir das aglomeracións doutras praias e zonas masificadas, posto que se encontran nun enclave pouco urbanizado. A praia de Esteiro, de Bandeira Azul, e considerada por los surfeiros como una das mellores para a práctica deste deporte, o que conleva o aumento do turismo na zona, provocando un incremento na demanda de accións para disfrutar do litoral.

A costa de Xove encontrase incluída na zona denominada Costa da Mariña Occidental da Rede Natura 2000. Este espazo natural está protexido como Zona de Especial Conservación e Zona de Especial Protección para as Aves. Toda actuación que se leve a cabo deberá aterse o establecido no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia.

Coa realización da actuación que se pretende levar a cabo, facilitarase o desfrute dos visitantes, poñendo en valor o espacio natural de modo compatible ca súa conservación.

A obra ten un orzamento de 73.664,97 € e está sendo realizada pola empresa MARCOR XOVE S.L., cun prazo de execución de 23 días. Conta cunha subvención do 90% por parte da Dirección Xeral de Turismo, sendo o 10% restante por conta do Concello.

Exit mobile version