Viveiro, 25 de setembro de 2023. A tenente de alcaldesa e responsable de Obras do Concello de Viveiro, Miriam Bermúdez, informa da realización de diferentes tarefas de reparación, limpeza e mantemento nas praias do municipio unha vez rematada a tempada estival.
Na praia de Covas “realizáronse traballos de mantemento na pasarela, arranxando as táboas en mal estado”, explica Bermúdez, ademais de proceder á limpeza da rampa de acceso aos baños que están ao carón da parrillada.
Na praia de Area, houbo labores de mantemento e desbroce no paseo, ademais de procederse á limpeza da zona despois duns meses de moita afluencia de persoas.
“O obxectivo destas tarefas de mantemento é deixar os areais en boas condicións para a tempada de inverno”, engade a tenente de alcaldesa.