O rexedor explicou que “despois de convocar a mesa da auga tomamos a decisión de eliminar as restricións que había adoptadas. Foron momentos complexos, pero agora despois da cantidade de auga que choveu e da boa xestión da auga destes últimos días podemos levantar esas restricións, que axudaron a que haxa mais recurso de auga”.
Dani Vega dixo que “a partir de agora poderase facer unha vida normal, pero o que si pedimos é que se sexa coherente e responsable na xestión da auga. É un recurso de todos e debemos tomar medidas para unha boa xestión”.
O alcalde tivo palabras de agradecemento para a veciñanza: “grazas a todos por comprender durante este tempo estas medidas. Pedimos disculpas polos trastornos que puideron ocasionar, pero sempre foi pensando no ben de todos”.