Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz organiza bailes con actuacións musicais os sábados en Cangas e os domingos na Sala Bahía desde outubro

Foz, 30 de setembro de 2023. O Concello de Foz organiza bailes con actuacións musicais os sábados en Cangas e os domingos na Sala Bahía desde outubro. Os da vila empezan mañá, día 1.

Está actividade foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto, e pola concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo.

O rexedor contou que “comeza en Foz a tempada de bailes, a etapa máis musical este mes de outubro e ademáis con novidades porque con respecto ano pasado non só haberá bailes os domingos senón que os sábados vanse celebrar en Cangas, grazas tamén á colaboración da asociación de veciños. E ademais teremos o baile habitual na Sala Bahía”.

A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, explicou que “o día 1 de outubro comezamos na Sala Bahía con José Manuel Abanico e xa a seguinte fin de semana teremos baile en Cao ngas con Corazón Latino e en Foz co Dúo Venus. Coma sempre organizado por Sanbet Agencia”.

O alcalde dixo que “estamos moi felices porque é unha demanda que teñen moitas veciñas e veciños, que nos estaban a preguntar cando ían a comezar os bailes en Foz porque non so é unha actividade musical, non so é escoitar a música de sempre, senón que é tamén unha actividade social e o que agardamos é que todas e todos o disfruten”.

Na Sala Bahía o 15 actuará Aixa Romay, o 22 a música estará a cargo do dúo Matices e o último domingo do mes, o día 29, actuará Manu Contre.

E en Cangas o 14 o baile estará amenizado polo dúo La Clave e o día 28 polo trío Zafiro.

O horario de todos os bailes será de 20:00 a 23:00 horas e o prezo da entrada son 5 euros.

Exit mobile version