A rexedora e a tenente alcalde recibiron ao deportista para desexarlle sorte nesta nova fazaña nunha competición de alcance internacional “todo un orgullo para Cervo, ao que volve situar no epicentro desta disciplina a nivel estatal”
O arqueiro, integrante do club Iadovi, competirá, xunto con outros dous compañeiros na modalidade Arco Desnudo, formando parte da delegación española que estará conformada por unha trintena de deportistas, entre as modalidade de Campo e 3D.
A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente-alcalde, Mali Méndez, recibiron ao arqueiro para desexarlle sorte nesta fazaña “nunha competición de alcance internacional que sitúa a Cervo como epicentro desta disciplina a nivel estatal”.
Aproveitaron para darlle os parabés pola incrible tempada que está realizando un ano máis “todo un orgullo para Cervo” e animáronno a desfrutar dunha experiencia única “que moi poucos deportistas conseguen facer realidade”.