Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo anima a participar no Torneo de Pádel que terá lugar nas pistas da Veiga entre o 19 e o 24 de setembro

O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de setembro e as persoas interesadas deben facelo a través do teléfono 639 05 40 15 (Fran) ou da plataforma Mis Torneos Online

Cervo, 13 de setembro, 2023. O Concello de Cervo e o C.D. San Ciprián, xunto a un grupo de veciños afeccionados ao pádel, organizan o IV Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga do 19 ao 24 de setembro, ambos incluídos.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o próximo domingo, 19 de setembro, no teléfono 639 05 40 15 (Fran) ou a través da plataforma Mis Torneos Online.

Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 18 euros nunha categoría e de 25 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo e trofeos para os mellores clasificados, e haberá cadro de consolación tamén en todas as categorías.

A rexedora, Dolores García Caramés, achegouse ata o complexo deportivo, para presentar o evento xunto a varios dos organizadores do torneo, e animou a todos os afeccionados a este deporte a que participen na competición e desfruten das nosas instalacións deportivas “que foron ademais recentemente melloradas coa instalación dunhas lonas de PVC para favorecer o xogo e que non se vira condicionado por factores meteorolóxicos”, e tamén se habilitou un vestiario para as persoas usuarias.

As reservas para poder facer uso das dúas pistas de pádel municipais poden formalizarse a través da páxina reservas.concellodecervo.com.

Exit mobile version