O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, sinala que estas actuacións encándranse no obxectivo do Goberno local de “seguir mellorando a accesibilidade da vila”
O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, afirma que “o obxectivo deste goberno é seguir mellorando a accesibilidade da vila, e estas actuacións amosan ese compromiso”.
Por unha banda, na rúa Marqués de Sargadelos, que conta cun notable desnivel, instalarase unha varanda e renovaranse as beirarrúas cun material máis rugoso, para aumentar a seguridade dos viandantes.
Por outra banda, na rúa Señora do Carme xa se fixera unha actuación previa, polo que agora se renovará e mellorará o tramo restante.
Estas actuacións están incluídas no Plan Único Provincial do ano 2022. “Seguiremos mellorando beirarrúas en mal estado”, engade Fernández.