Burela, 12 de setembro de 2023. O Concello de Burela fixo público o listado de actividades deportivas dispoñibles neste curso 2023/24 para os nenos/as e a mocidade.
Son actividades organizadas polas escolas deportivas municipais e polos diferentes clubes de Burela.
“A práctica do deporte e os hábitos de vida saudables desde idades moi tempranas son unha prioridade de goberno para o Concello de Burela”, explica o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.
Entre as modalidades, hai fútbol; baloncesto; fútbol-sala; ximnasia rítmica; tenis; taekwondo; balonmán; patinaxe artístico; tenis; rutas en bici; patinaxe, e xadrez.