As actuacións teñen lugar en 26 viais en todas as parroquias e inclúen tamén a limpeza de cunetas
En todos os viais procédese tamén á limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrentía e evitar que se produzan danos no pavimento dos camiños.
Actuacións en todas as parroquias
As actuacións teñen lugar en todas as parroquias, priorizando os viais de máis intensidade de tráfico e os accesos a núcleos de poboación, a vivendas, a espazos públicos e tamén a explotacións gandeiras, criterios que o goberno municipal vén seguindo xa desde o mandato anterior. Así mesmo outro dos criterios, para conseguir unha maior eficacia nas actuacións é ir completando mallas da rede viaria levando unha continuidade barrio a barrio en cada parroquia, co cal rentabilízanse mellor os investimentos.
Planificando o 2024
“Estamos a traballar en 26 viais, que suman un total de 12 km, dos que se leva executado xa máis do 75% contratado, cuxo montante total ascende a 300.000€” manifestou o concelleiro delegado de obras Antonio Veiga, que afirmou tamén que “temos unha extensa rede viaria municipal que require unha exhaustiva planificación e un importante esforzo na distribución dos investimentos, polo que estamos traballando xa na previsión das actuacións para o ano 2024 valorando as cuestións técnicas, prioridades e as previsións económicas para encaixar os viais nos correspondentes proxectos para continuar garantindo á veciñanza accesos en boas condicións aos núcleos de poboación”