Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz organiza para este curso actividades deportivas para nenxs e adultxs

Alfoz, 17 de setembro, 2023. Dende a Área Delegada de Deportes do Concello de Alfoz, organízanse unha serie de actividades orientadas a nenos, por un lado, e por outro ao público adulto.

Para os nenos de 4 a 16 anos, ofértanse clases de patinaxe os luns a dende as 16:00h ata as 18:00h, en dous grupos de 1 hora. Tamén se poderán apuntar a atletismo, que terá lugar os venres de 16:00h a 17:00h. Ambas actividades levaranse a cabo no pavillón municipal de Alfoz.

Para os adultos, as actividades dispoñibles serán ximnasia de mantemento os martes e xoves de 18:30h a 19:30h, aerobic os mesmos días en horario de 19:30h a 20:30h, ioga os luns e mércores de 19:30h a 20:30h e pilates os mércores de 20:30h a 21:30h.

O prazo para inscribirse en calquera destas actividades comeza o vindeiro día 18 e finalizará o día 25 de setembro, e poderase facer tanto a través da Sede Electrónica como na Oficina de Rexistro, na Casa do Concello.

O concelleiro de Educación, Igualdade e Participación apunta que: “Este goberno aposta pola contribución á vida saudable ofertando unha gran variedade de actividades deportivas tanto para nenos e nenas como para as persoas adultas. Animamos á veciñanza a participar e contribuir deste xeito a ter un bo estado de saúde”. Polo que dende o concello animamos a todo o mundo a apuntarse.

Exit mobile version