A presentación terá lugar o sábado 23 nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante
Enfocamos sempre a actividade desde o punto de vista da formación máis que na de buscar un produto final c onsidera ndo que o importante é o proceso en si, non a consecución dunha montaxe que, en todo caso sería o resultado final dese proceso pero non o obxectivo en si mesma.
Para Ollomao é fundamental crear alternativas de ocio e esparcemento para as crianzas ao mesmo tempo que se fomentan as relacións interpersoais e se busca introducir na cultura e a creación artística aos cativos as dende idades temperás
Centramos esta actividade nun obxectivo básico: APRENDER E DIVERTIRSE, pero a partir deste eixe central buscamos conseguir outros obxectivos non menos importantes:
• Traballar os sentidos a imaxinación e a creatividade.
• Potenciar o pensamento crítico e a reflexión.
• Axudar na socialización dos nenos e nenas.
• Traballar a concentración e a atención.
• Transmitir a importancia da colaboración, do traballo en equipo, da axuda mutua.
• Reforzar as actitudes de axuda dos maiores cara aos pequenos, e por suposto,
• Rachar de raíz con calquera mínimo indicio de desigualdade de
xénero, tentando de facer mesmo discriminación positiva para que
as nenas asuman roles dominantes que potencien o seu
empoderamento.
Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de entre 6 e 16 anos, preferentemente do Concello de Barreiros pero sen excluír aos de outros concellos.
O obradoiro desenvolverase en sesións de 3 horas en sábados alternos, é dicir, dous sábados ao mes, en horarios de mañá ou tarde, entre os meses de outubro de 2023 e xuño de 2024, e terá un custe de entre 10 e 15 € ao mes para cada alumno-a segundo o número de matriculados.
A todos-as aqueles que pensen que esta actividade lles pode interesar, convidámolos a asistir o vindeiro SÁBADO, 23 de setembro ás 16:30 h. acompañada/o de seus pais-nais ou titor/a legal aos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante onde haberá unha presentación do Obradoiro. A continuación poderán quedar na primeira sesión para ver se lles gusta.
A asistencia a esta primeira sesión non suporá ningún custo para os participantes.
Non é preciso anotarse por adiantado, simplemente acudir aos Colexios Vellos no horario indicado.