Cidade de Lugo e Altrúan de Ribadeo completaron o podio do campionato que rematou coa disputa da sexta regata esta mañá en Lugo
Lugo, 23 de setembro de 2023. O Club Fluvial proclamouse campión da XIII Liga Provincial – Copa Deputación de Piragüismo patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O club lucense sumou os últimos puntos na sexta e última regata da competición que se celebrou esta mañá nas Saamasas, en Lugo.
Cidade de Lugo -segundo- e o Altruán de Ribadeo -terceiro – completan o podio da liga provincial; o mesmo que o desta última regata, organizada polo Cidade de Lugo. A deputada Iria Castro entregou os trofeos na Escola Provincial de Piragüismo, onde parabenizou a todas e todos os piraguistas participantes.
A liga provincial de piraguismo conta coa participación dos seis augas tranquilas da provincia: CD San Ciprián, CP Altruán de Ribadeo, Club Kayak Foz, CP Viveiro Urban Hotel, Cidade de Lugo e Club Fluvial de Lugo. Cada entidade organiza unha das regatas, nas que participan unha media de 225 piraguistas das diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs.
A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.