Site icon Crónica3.com A Mariña

O campo de Outeiro, na Devesa, xa pode acoller as competicións da Real Federación Galega de Fútbol

Ribadeo, 27 de setembro de 2023. O campo de Outeiro, na Devesa, xa pode acoller as competicións da Real Federación Galega de Fútbol grazas ás melloras realizadas polo Concello.

O edil de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “desde o Concello de Ribadeo fixemos melloras no campo de Outeiro, na Devesa, que teñen como obxectivo facer que cumpra as especificacións necesarias para poder albergar competicións da Real Federación Galega de Fútbol”.

O concelleiro ribadense contou que “melloramos os accesos cunha rampla que permita o acceso ao recinto tanto do público xeral como o de mobilidade reducida. Fixemos un cerramento de valla necesario para a competición e tamén dando a posibilidade de que unha ambulancia poida acceder ao terreo de xogo se fose necesario”.

Silvent subliñou que “con isto conseguimos un novo terreo de xogo no que os nosos equipos poidan tanto adestrar como xogar calquera tipo de competición”.

Exit mobile version