Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG segue a denunciar a falta de médicos na Pontenova

As promesas do Sergas e do PP despois da gran mobilización veciñal da semana pasada, non se cumpren

A Mariña, 21 de setembro 2023. Desde o BNG da Pontenova reiteran a denuncia pola falta de médicos no concello. “Tras a promesa realizada a semana pasada polo PP e polo xerente do Sergas, supostamente a partir deste luns 18 debería terse incorporado un médico para cubrir a falta de persoal no centro de saúde, pero a realidade é moi distinta e seguimos a contar cunha única médica, o que conleva atrasar ainda máis as citas médicas dos doentes” manifestou o portavoz nacionalista Xorxe Gómez Rico que insistíu en que é urxente cubrir as baixas e vacacións dos médicos para que a poboación poida ser atendida debidamente e contando cunha sanidade pública digna. “Mandándonos un médico dúas horas, como fixeron no día de hoxe, non se soluciona nada”, afirmou.

Desde o BNG anuncian que continuarán a velar porque se garantan os dereitos de toda a veciñanza, tal como demandaron tamén no Parlamento a través do deputado mariñao Daniel Castro que presentou en días pasados diversas iniciativas a respecto da situación sanitaria da Pontenova nas que se denunciaba a situación, e que agardan sexan tratadas o máis rápido posible, sexan aprobadas, e o Sergas cumpla coas veciñas e veciños da Pontenova

Exit mobile version