Foz, 26 de setembro, 2023. Para O BNG de Foz a situación provocada polo socavón na N-642 entre os kilómetros 41 y 47, a altura da praia de Areoura, no Concello de Foz é un caso paradigmático do “abandono” por parte dos gobernos estatal e galego. Un problema nunha estrada deixou A Mariña partida pola metade e puxo unha vez máis de manifesto que as reiteradas peticións de investimentos nestas infraestruturas non son un capricho. Son investimentos imprescindibles para vertebrar e conectar a comarca.
“No BNG de Foz xa temos presentado mocións e rogos demanda construción da Autovía A-74, que comunicaría Barreiros con San Cibrao, así como o prometido po la Xunta no tramo San Cibrao- San Sadurniño. As nosas propostas foron adiadas po los sucesivos gobernos de PP e PSOE no estado e o PP na Xunta, dando a unha ausencia de vías alternativas como o acontecido. Nos orzamentos do Estado e da Xunta para este ano 2023 as vías de comunicación vertebradoras da provincia aparecen con partidas simbólicas, o que indican o escaso interese que se lles vai seguir prestando”.
O incidente foi a finais de xaneiro de 2023 e despois de iniciarse a reparación da fochanca na N- 642, con etapas reguladas por semáforo e coas limitacións actuais (reductores de velocidade e provisionalidade evidente nunha zona permanentemente provisional co perigo que supón dado o intenso tránsito que soporta), seguimos igual. Pasou vrao co difícil e perigoso acceso de usuarios á praia de Areoura. Durante todo o mes de agosto e até o momento as obras están completamente paradas po lo que os prazos no seu remate quedan indefinidos e os usuarios continúan con incertezas e preocupación diante da ausencia de prazos creibles.
Por iso o Grupo Municipal do BNG de Foz propón ao Pleno Instar ao goberno central a retomar e executar unha rápida reparación da N-642 que posibilite a normalización total e definitiva do trafico na mesma que permita a necesaria comunicación entre os Concellos da Comarca. Reclama ao goberno do Estado que se priorice a A-74/Autovía da Mariña, cunha dotación económica suficiente nos orzamentos do Estado como para retomar dende xa a súa execución e propiciando que se poidan acurtar os prazos das obras e evitar a ausencia de vías alternativas como se demostrou coa fochanca da N 642. Propoñemos tamén á Xunta de Galiza que priorice a VAC/VAP Costa Norte San Sadurniño-San Cibrao cunha dotación económica suficiente nos orzamentos da Xunta como para retomar dende xa a súa execución e propiciando que se poidan acurtar os prazos das obras; sobor de todo nos tramos de A Mariña.
Por último solicitan aos gobernos da Xunta e do Estado que actúen con dilixencia na conservación das estradas da súa titularidade na comarca, evitando o seu deterioro e as molestias ocasionadas á veciñanza nos seus necesarios desprazamentos.