O rexedor dixo que “chega o mes de setembro e chegan as festas patronais. Durante todo este período a hostalería do noso concello, na plena totalidade, vai ter un incremento horario de dúas horas”.
Para Dani Vega “nesta semana de festas é importante que o tecido económico local se beneficie de que veña moita xente, que se incremente ese horario e que entre todos teñamos unhas festas agradables, que creo que son importantes para todos os veciños”.
E engadiu que “por iso o Concello debe colaborar, debe estar sempre ao lado do noso tecido económico para seguir dando pasos importantes e continuar crecendo todos como concello”.
As festas patronais 2023 arrincan esta tarde co pregón que pronunciará o ex alcalde ribadense, José Carlos Rodríguez Andina, a partir das 20:30 horas no Teatro.