Os ríos son os hábitats en maior perigo ambiental, po lo que a súa conservación é responsabilidade de todas. En Foz realizará a coordinación da limpeza a Concellería de Medio Ambiente e persoas voluntarias do Proxecto Ríos. O lugar, o río Alemparte en Cangas o día 24 de setembro a partir das 11 h.
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Cada persoa voluntaria será agasallada cunha camisola e deberá levar as súas propias luvas, preferiblemente de tipo fregar para evitar residuos das de látex e calzado axeitado. A organización facilitará o resto do material para a recollida. A actividade conta tamén cun seguro de accidentes po lo que é necesario anotar previamente as persoas participantes maiores de idade. As menores deberán obrigatoriamente estar acompañadas en todo momento dunha persoa adulta. A Anotación será no enderezo patrimonio.medioambiente@concellodefoz.es con data límite o 22 de setembro.