Así, todos os clientes de Viveiro que realicen compras por importe mínimo de 10 euros no comercio de proximidade entre o 7 e o 14 de setembro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios. Este sorteo terá lugar o xoves, 14 de setembro, ás 19.00 horas, na Praza Maior de Viveiro. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 16.00 horas nesta mesma praza. Dende esa hora, todos os clientes poderán ademáis optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio. A partir das 18.00 horas haberá tamén animación infantil.