Ribadeo, 25 de setembro de 2023. O Concello inicia estes días tarefas de mantemento do entorno e do mobiliario no Cargadeiro, “unha zona que tanto para ribadenses como visitantes ten un gran valor”, segundo destacou o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos.
O edil ribadense explicou que “desde o Concello de Ribadeo queremos poñer de releve a zona do Cargadeiro, unha zona que tanto para ribadenses como visitantes ten un gran valor”.
Dos Santos contou que “estivemos durante todo o verán cunha primeira acción de desbroces e agora pasaremos a unha segunda actuación que estará centrada no mantemento do entorno e do mobiliario”.
O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que “así seguimos traballando e coidando do noso”.