Lorenzá, 6 de setembro, 2023. Os servizos sanitarios desprazáronse a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero só puideron confirmar o falecemento da implicada.
Pasaban vinte minutos do mediodía cando o 112 Galicia recibiu unha chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Na conversa, o seu persoal comunicaba que estaban a mobilizar tanto un helicóptero medicalizado como unha ambulancia a unha leira do lugar de Castiñeiras Verdes, na que unha muller sufrira unha caída namentres manipulaba unha fouce e non respondía aos estímulos das persoas que se achegaron a auxiliala.
Para este operativo, os xestores do CIAE-112 Galicia solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Lourenzá.