Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito de participación nos Baños de Mar organizados polo Concello de Ribadeo a pasada fin de semana, co obxectivo de recuperar a tradición das Canouras, aquelas mulleres que daban nove baños en setembro a principios do século pasado.

Durante a fin de semana houbo charla, visita guiada, baños colectivos na praia do Cargadoiro, xantar campestre, baile, música e monicreques, espectáculo de narración oral e circo. “Todo co obxectivo de recuperar tradicións perdidas e para desestacionalizar o turismo”, subliñou o alcalde, Dani Vega. Por outra banda, as nenas e os nenos foron os protagonistas do Mercado dos Domingos. Participaron nunha xincana e gozaron dunha fantástica mañá dominical arredor dos produtos da horta ribadense. A xornada estivo amenizada pola actuación do vivairense Joni Ramos.

Exit mobile version